2ºC disfrazado

2ºC disfrazado
Na clase

jueves, 23 de junio de 2011

ATA SETEMBRO!

IMOS DE VACACIÓNS, BEN MERECIDAS DESPOIS DE TANTO TRABALLO.
AS MASCOTAS MARCHAMOS DESCANSAR, TAMÉN APROVEITAREMOS PARA LER, PARA ESCRIBIR SOBRE AS NOSAS AVENTURAS E OCORRENCIAS, PARA REPASAR CÁLCULO E SOBRE TODO A TÁBOA QUE É MOI DIVERTIDA, XOGAREMOS MOITO (QUE DIGO MOITO... MOITÍIIIIISIMO!)E APRENDEREMOS COUSAS NOVAS NAS VIAXES.
VÉMONOS O 12 DE SETEMBRO EN 3º!
ABURIÑO!!!

miércoles, 22 de junio de 2011

FESTA FIN DE CURSO

DESPEDIMOS O CURSO CUNHA GRAN FESTA E MERENDOLA. XOGAMOS, BAILAMOS, VIMOS UNHA PELI E DESPEDÍMONOS ATA O CURSO VINDEIRO...

sábado, 18 de junio de 2011

CROSS 1º E 2º

ESTE SÁBADO PARTICIPAMOS NO CROSS ESCOLAR. PASÁMOLO MOI BEN, CORREMOS MOITO E GAÑAMOS ALGUNHA MEDALLA QUE OUTRA. MIRÁDENOS

viernes, 17 de junio de 2011

ESTA SEMANA FOMOS VISITAR AS CLASES DE 3º

COMO IMOS PASAR A 3º, CONVIDÁRONNOS A VISITAR AS AULAS. NÓS FOMOS A 3ºB.
FOI XENIAL: INTERCAMBIAMOS AGASALOS, FALAMOS DA AXENDA- QUE POR CERTO É DIFERENTE DA NOSA-, VIMOS O SEU MATERIAL,...
PARA O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS NO SEGUNDO CICLO.
MENTRES TANTO MIRÁDENOS COMO FOMOS ACOLLIDOS.

martes, 14 de junio de 2011

OS NOSOS BOSQUES

CONCIENCIADAS E CONCIENCIADOS CO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE, DECIDIMOS TENTAR CONCIENZAR AO RESTO DAS PERSOAS, AS NOSAS FAMILIAS AXUDÁRONNOS E CREAMOS BOSQUES ORIXINAIS: BOSQUES GOLOSOS, BOSQUES DE LENTELLAS, BOSQUES DE CORES, BOSQUES...
MIRADE ALGO DELES, SE QUEREDES VER MÁIS VISITADE O NOSO CORREDOR NO COLEXIO...

jueves, 9 de junio de 2011

SAÍDA Á GRANXA KIRIKO

O DÍA 7 DE XUÑO, FOMOS TODO O 1º CICLO Á GRANXA KIRIKO, EN FORNELOS DE MONTES. PASAMOS ALÍ O DÍA ENTEIRO: COMEMOS E MERENDAMOS, PASEAMOS, APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS ANIMAIS E O CICLO DA AUGA.
FOI UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!

martes, 31 de mayo de 2011

IMOS COIDAR O MEDIOAMBIENTE

NESTES DÍAS ESTAMOS TRATANDO DE CONCIENCIARNOS NO COIDADO AO MEDIO AMBIENTE. SE NON O COIDAMOS PODEN SUCEDER COUSAS COMA ESTAS:

PERO NON VAN PASAR PORQUE SEREMOS PERSOAS MOI PREOCUPADAS E COIDAREMOS MOITO, MOITÍSMO DO PLANETA EN QUE VIVIMOS.


ESTE ANO TRABALLAREMOS SOBRE TODO AO REDOR DA IMPORTANCIA DOS BOSQUES.