TANTO TRABALLAR CANSOUNOS UN POUCO... EU, COMO TODAS AS MASCOTAS DE MASCOTILANDIA VOU DESCANSAR.
NON SON A ÚNICA... TAMÉN VAN DE VACACIÓNS AS NENAS E OS NENOS.
VERÉMONOS NO 2011.
ATA LOGUIÑO!
AGORA IMOS TOMAR ESA RIQUÍSIMA CHOCOLATADA... CHEIRA QUE DÁ GUSTO!
Este blog foi creado pola mascota Luchiña da clase de 2ºC do CEIP Vilaverde. Nel van aparecer as actividades e comentarios que fagamos ao longo do curso. Agardamos que vos guste.
2ºC disfrazado
martes, 21 de diciembre de 2010
sábado, 11 de diciembre de 2010
TRABALLAMOS SOBRE OS ALIMENTOS
viernes, 26 de noviembre de 2010
REMATAMOS O PROXECTO CUN MAPA MENTAL
Por fin rematamos o proxecto sobre O corpo humano. Elaboramos en gran grupo un mapa mental co que sabiamos, axudáronnos as profes (Elisa e Azucena). Elas ían poñendo no taboleiro o que diciamos. Nós iamos facendo o noso nun folio grande. Esta páxina co mapa mental vai estar no noso libro do proxecto, xa veredes que ben nos quedou!
lunes, 22 de noviembre de 2010
ASÍ VAI REMATANDO O NOSO PROXECTO
Analizada a información, e anotado o que aprendemos, estamos a rematar o proxecto. Só nos falta resumir a información.
o Mural do proxecto quedounos así:
o Mural do proxecto quedounos así:
viernes, 19 de noviembre de 2010
OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS
HOXE, LUCHIÑA, A NOSA MASCOTA, LEMBROUNOS A CELEBRACIÓN RELACIONADA COA APROBACIÓN DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. VAI SER MAÑÁ, DÍA 20 DE NOVEMBRO. ESTE CURSO TRABALLAREMOS SOBRE O ARTIGO SEGUNDO QUE FALA DO "DEREITO A MEDRAR SANS FÍSICA, MORAL, PSICOLÓXICA E SOCIALMENTE". XA VOS CONTAREMOS MÁIS.
lunes, 15 de noviembre de 2010
ESTAMOS TRABALLANDO UN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO
Neste mes estamos traballando un proxecto sobre o corpo humano. Un día fixemos o estudo do que xa sabiamos sobre o corpo (ou polo menos o que criamos que sabiamos)e en función diso decidimos que había varias cousas que queriamos facer (a profe tamén quería saber algo) puxemos todo no apartado correspondente... E puxémonos a buscar información en varias fontes!
Niso andamos. Para seguir o proxecto temos un libriño de proxecto que vai tendo a pinta que aquí vedes...
Niso andamos. Para seguir o proxecto temos un libriño de proxecto que vai tendo a pinta que aquí vedes...
O corpo humano para combinar
Xa vos seguiremos contando.
View more documents from xianadecide.
domingo, 14 de noviembre de 2010
MAGOSTO NO COLEXIO
O venres 12 de novembro celebramos o magosto no noso colexio. Saímos ao patio todas as nenas e nenos de todos os cursos e comemos unhas riquísimas castañas asadas. Despois xogamos por grupos a diferentes xogos populares. Pasámolo moi ben todas e todos.
jueves, 4 de noviembre de 2010
LUCHIÑA CONVÍDANOS A SER BOTÁNICAS E BOTÁNICOS
NO MAGOSTO IMOS PARTICIPAR NUNHA EXPOSICIÓN: "A CIENCIA NO MAGOSTO".
A NOSA MASCOTA REMITIUNOS UNHA CARTA CONVIDÁNDONOS A SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS. IMOS, POIS, INVESTIGAR SOBRE O CASTIÑEIRO, UNHA PLANTA REALMENTE IMPORTANTE NO MAGOSTO.
jueves, 28 de octubre de 2010
VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
O día 27 de outubro de 2010, as nenas e os nenos de 2º visitamos o Museo de Pontevedra. Vimos a sala dos acibeches, o despacho do almirante Méndez Núñez, o camarote de oficiais da fragata "Numancia", o tesouro de Caldas, unha cociña antiga e a colección de prata de Gonzalo Fernández de la Mora.
A visita gustounos moito, foi interesantísima e rematamos merendando na praza da Ferrería. Fixemos unha foto de conxunto na praza da Leña.
A visita gustounos moito, foi interesantísima e rematamos merendando na praza da Ferrería. Fixemos unha foto de conxunto na praza da Leña.
viernes, 22 de octubre de 2010
OS NOSOS ANIVERSARIOS
No mes de setembro cumpriron anos: Iago, Santiago, Martín e César
No mes de outubro cumpriron anos: Éric, Paula Remiseiro e Roberto
No mes de decembro cumpriron anos:Marlon,Julia e Selene
No mes de Maio cumpren anos: Víctor e Nerea
No mes de Xuño cumpren anos :Pablo, Sabela, Paula Rivas e Natalia
No mes de Xullo cumpre anos : Javier
No mes de outubro cumpriron anos: Éric, Paula Remiseiro e Roberto
No mes de novembro cumpriron anos: Noela e Alba
No mes de xaneiro cumpriron anos: Manuel, Xoel e Marcos.
No mes de febreiro cumpriron anos: Elena e Iván
No mes de marzo cumpriu anos: Clara
No mes de Maio cumpren anos: Víctor e Nerea
No mes de Xuño cumpren anos :Pablo, Sabela, Paula Rivas e Natalia
No mes de Xullo cumpre anos : Javier
OBSERVANDO PLANTAS NO PATIO
ESTA SEMANA ESTIVEMOS OBSERVANDO PLANTAS NO PATIO E ANOTAMOS NO CADERNO DE OBSERVACIÓN QUE TEMOS NA CLASE. OBSERVAMOS DÚAS ÁRBORES, UN ARBUSTO E UNHA HERBA. FIXEMOS ANOTACIÓNS INTERESANTES.
lunes, 18 de octubre de 2010
SEGUIMOS COAS PLANTAS
PARA REPASAR MÁIS SOBRE AS PLANTAS IMOS VER VARIAS PÁXINAS NO ORDENADOR:
ESTE 1º ENLACE PARA VER COMO MEDRAN AS SEMENTES QUE PLANTAMOS NA CLASE.
ESTE 2 ENLACE PARA APRENDER MÁIS SOBRE AS PLANTAS E AS SÚAS PARTES.
ESTE 3º ENLACE PARA REPASAR O QUE SEI E XOGAR CO ENCRUCILLADO.
ESTE 4º ENLACE MOI SINXELO PARA REPASAR CON AXUDA DO MAGO
ESTE 1º ENLACE PARA VER COMO MEDRAN AS SEMENTES QUE PLANTAMOS NA CLASE.
ESTE 2 ENLACE PARA APRENDER MÁIS SOBRE AS PLANTAS E AS SÚAS PARTES.
ESTE 3º ENLACE PARA REPASAR O QUE SEI E XOGAR CO ENCRUCILLADO.
ESTE 4º ENLACE MOI SINXELO PARA REPASAR CON AXUDA DO MAGO
viernes, 1 de octubre de 2010
FOMOS AO LABORATORIO PARA REMATAR O PROXECTO DAS PLANTAS
NO LABORATORIO FOMOS VER COA LUPA BINOCULAR E CO MICROSCOPIO ELEMENTOS E PARTES DAS PLANTAS. HABÍA FLOR, RAÍZ, TALO, FOLLAS,... TAMÉN VIMOS ESTAMES. ALGUNHA PLANTA QUE PLANTAMOS O CURSO PASADO MEDROU MOITO. VELAQUÍ
ANOTAMOS TODO NO CADERNO DE EXPERIMENTOS. INDA NOS QUEDA POR REMATAR O DIARIO DA SEMENTE E POR FACER ALGO CON TINTA CHINA.
viernes, 24 de septiembre de 2010
SAÚDO DE LUCHIÑA
OLA NENAS E NENOS DE 2º C! BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO BLOG.
DE CANDO EN VEZ IREIVOS CONTANDO NOTICIAS.
ESTADES AGORA LENDO A INFORMACIÓN SOBRE OS DINOSDAUROS? HAI UN DINOSAURO CHAMADO PEPITO? QUE APARECEU EN TERUEL?
LIN A LECTURA QUE TENDES SOBRE O OURIZO CACHO (PUERCOESPÍN), QUE BONITA ERA!
TEÑO UNHAS FOTOS VOSAS! AHÍ VOLAS DEIXO.
DE CANDO EN VEZ IREIVOS CONTANDO NOTICIAS.
ESTADES AGORA LENDO A INFORMACIÓN SOBRE OS DINOSDAUROS? HAI UN DINOSAURO CHAMADO PEPITO? QUE APARECEU EN TERUEL?
LIN A LECTURA QUE TENDES SOBRE O OURIZO CACHO (PUERCOESPÍN), QUE BONITA ERA!
TEÑO UNHAS FOTOS VOSAS! AHÍ VOLAS DEIXO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)