Por fin rematamos o proxecto sobre O corpo humano. Elaboramos en gran grupo un mapa mental co que sabiamos, axudáronnos as profes (Elisa e Azucena). Elas ían poñendo no taboleiro o que diciamos. Nós iamos facendo o noso nun folio grande. Esta páxina co mapa mental vai estar no noso libro do proxecto, xa veredes que ben nos quedou!
Este blog foi creado pola mascota Luchiña da clase de 2ºC do CEIP Vilaverde. Nel van aparecer as actividades e comentarios que fagamos ao longo do curso. Agardamos que vos guste.
2ºC disfrazado
Na clase
viernes, 26 de noviembre de 2010
lunes, 22 de noviembre de 2010
ASÍ VAI REMATANDO O NOSO PROXECTO
Analizada a información, e anotado o que aprendemos, estamos a rematar o proxecto. Só nos falta resumir a información.
o Mural do proxecto quedounos así:
o Mural do proxecto quedounos así:
viernes, 19 de noviembre de 2010
OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS
HOXE, LUCHIÑA, A NOSA MASCOTA, LEMBROUNOS A CELEBRACIÓN RELACIONADA COA APROBACIÓN DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. VAI SER MAÑÁ, DÍA 20 DE NOVEMBRO. ESTE CURSO TRABALLAREMOS SOBRE O ARTIGO SEGUNDO QUE FALA DO "DEREITO A MEDRAR SANS FÍSICA, MORAL, PSICOLÓXICA E SOCIALMENTE". XA VOS CONTAREMOS MÁIS.
lunes, 15 de noviembre de 2010
ESTAMOS TRABALLANDO UN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO
Neste mes estamos traballando un proxecto sobre o corpo humano. Un día fixemos o estudo do que xa sabiamos sobre o corpo (ou polo menos o que criamos que sabiamos)e en función diso decidimos que había varias cousas que queriamos facer (a profe tamén quería saber algo) puxemos todo no apartado correspondente... E puxémonos a buscar información en varias fontes!
Niso andamos. Para seguir o proxecto temos un libriño de proxecto que vai tendo a pinta que aquí vedes...
Niso andamos. Para seguir o proxecto temos un libriño de proxecto que vai tendo a pinta que aquí vedes...
O corpo humano para combinar
Xa vos seguiremos contando.
View more documents from xianadecide.
domingo, 14 de noviembre de 2010
MAGOSTO NO COLEXIO
O venres 12 de novembro celebramos o magosto no noso colexio. Saímos ao patio todas as nenas e nenos de todos os cursos e comemos unhas riquísimas castañas asadas. Despois xogamos por grupos a diferentes xogos populares. Pasámolo moi ben todas e todos.
jueves, 4 de noviembre de 2010
LUCHIÑA CONVÍDANOS A SER BOTÁNICAS E BOTÁNICOS
NO MAGOSTO IMOS PARTICIPAR NUNHA EXPOSICIÓN: "A CIENCIA NO MAGOSTO".
A NOSA MASCOTA REMITIUNOS UNHA CARTA CONVIDÁNDONOS A SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS. IMOS, POIS, INVESTIGAR SOBRE O CASTIÑEIRO, UNHA PLANTA REALMENTE IMPORTANTE NO MAGOSTO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)